O grupo da oposición asegura que "a alcaldesa do Porriño impide exercer os dereitos ás concelleiras".

"¿Le podemos abrir un expediente para que no vuelva nunca más al Pleno?". Así se dirixe a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, ao secretario municipal na sesión plenaria extraordinaria do 22 de outubro, "nun novo episodio de autoritarismo e ignorancia", segundo a líder de Eu Son, Patricia Sio.

Precisamente, foi a Sio quen a rexedora mandou desaloxar do pleno á Polícia Local. Sio calificou á alcaldesa de "mentirosa" e De la Torre pediulle que o retirara, pero como a concelleira de Eu Son negouse, expulsouna do pleno. Patricia Sio e a súa compañeira de gupo abandonaron a sesión polo seu propio pé.

Así que, "as concelleiras de Eu Son, como representantes públicas e parte da oposición, non van calar e van seguir poñendo diante deste goberno un espello, goste ou non porque non vamos consentir máis faltas de respeto, actitudes ditatoriais e expedientes e menos privar a unha concelleira de exercer o labor de crítica, control e fiscalización do goberno municipal", anuncian nun comunicado, no que apuntan que "exerceremos todas as accións legais oportunas ante este, como mínimo, atropelo á democracia".

Declaracións de Patricia Sio para os informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia: "Estase convertindo na xemelga de Gonzalo Pérez Jácome"