Localizouno a Policía Local de Mos mentres realizaba un servizo de patrulla

Un varón de 50 anos veciño do Porriño foi detido pola Policía Local de Mos séndolle incautadas 25 doses de suposta substancia estupefaciente, así como máis de 350 euros en billetes e dous teléfonos móbiles.
Foi durante un servizo de patrulla rutineiro cando os axentes observaron un vehículo, “que levantaba sospeitas”, nunha zona apartada de Sanguiñeda. Ao observar a presenza policial o ocupante do mesmo abandonou o seu posto de condución introducíndose nunha zona boscosa; cando os axentes chegaron á súa altura observaron como “disimula facendo como se buscase algo entre a maleza”. Realizaron un rexistro superficial do vehículo e buscaron entre la maleza recuperando unha carteira, na cal ocultaba ditas doses, encontrándose xa separadas en envoltorios individuais e con inscricións identificativas.
A Policía Local solicita a cooperación da Garda Civil, enviando o Instituto Armado unha patrulla que colabora activamente no traslado do detido, efectos e vehículo á Xefatura de Policía Local, onde se practican as primeiras dilixencias para o seu posterior trasladado ao Posto da Garda Civil de Mos para a súa posta a disposición xudicial

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron