sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriñaAberta a inscrición para participar na carreira “O Porriño 10K”

Aberta a inscrición para participar na carreira “O Porriño 10K”

A proba organizada polo Concello do Porriño e o Atletismo Porriño disputarase o vindeiro 12 de marzo

Os corredores volverán darse cita no Porriño o vindeiro 12 de marzo. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado por Deneb Álvarez, secretaria do Atletismo Porriño; Pablo Regueira, tesoureiro do club e o responsable de trail, José Daniel González, presentaron unha nova edición de “O Porriño 10K” a clásica proba organizada polo Concello do Porriño e o Club Atletismo Porriño.
Os amantes deste deporte poderán correr un ano máis polas rúas da vila nesta edición que xa ten aberta a inscrición. As persoas que queiran participar xa poden inscribirse na seguinte ligazón: https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2465/xv-carrera-o-porrino-10k .
Cabe destacar que, como cada ano, a carreira de Pitufos e Chupetes, non require de inscrición previa, tan só hai que presentarse na liña de saída á hora estipulada.
Tres premios por categoría
Outorgaranse premios en metálico aos tres primeiros clasificados (masculino e feminino) da absoluta 10K, que recolle todas as categorías. O primeiro clasificado levará un premio de 300 euros, o segundo 200 euros e o terceiro 100 euros.
Ademais entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría (masculino e feminino), en total catro categoría na carreira de menores, dúas na de 5K e tres na absoluta de 10K.
Inscrición Solidaria
Como vén sendo habitual a participación na 10K do Porriño ten carácter solidario. Á hora de recoller os dorsais, cada participante deberá entregar 1 quilo de comida non perecedoira que se distribuirá entre as familias con menos recursos do municipio a través do servizo municipal de alimentos SOS Porriño

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES