A veciñanza da zona, declarada recentemente Entorno Residencial de Rehabilitación Programada que abrangue 50 bloques de vivendas, poderá optar a estas axudas para levar a cabo obras de mellora

A Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello do Porriño 1 millón de euros para a as actuacións de rehabilitación a nivel de barrio da zona declarada ERRP en Torneiros, que abrangue unha superficie total de 124.560 metros cadrados incluíndo 50 bloques de edificios ( 15 na Fase I, 7 na Fase II, 23 na Fase III, 4 na Fase IV e 1 na Fase V) e os viais e zonas libres que os rodean.
O IGVS comunicou ao Concello a proposta provisional de reparto.
Estes fondos enmárcanse no programa de axudas financiado con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU e permitirán á veciñanza dos polígonos residenciais optar a axudas para mellorar inmobles, edificios ou vivendas unifamiliares, sobre todo envolventes –fachadas, cuberta…-cambio de fiestras ou para a retirada de elementos con amianto, algo que urxe nesta zona.
“Torneiros é un dos principais núcleos de poboación do Porriño e hai que acondicionalo para mellorar a calidade de vida das persoas que residen alí. Por iso é unha gran nova para todos e todas”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Fixemos un proxecto global para a rehabilitación e posta en valor da zona e este é o primeiro paso cara o acondicionamento total. Para conseguilo o Concello aportará fondos e buscará financiación”.
Contía destas axudas
No caso das vivendas as axudas poden acadar o 40% do investimento, cun máximo de 3.000 euros. As actuacións subvencionables inclúen a mellora ou rehabilitación do inmoble que deberá obter un aforro enerxético polo menos do 7% , unha redución no consumo de Enerxía primaria non renovable do 30% ou adecuar aos requisitos do CTE os elementos da envolvente.
Neste caso Se se trata de edificios, os beneficiarios serán particulares ou comunidades de propietarios, e as axudas poden acadar o 80% do custo, cun máximo de 18.800 euros por edificio , contía que se incrementa en 12.000 euros máis en caso de retirada de elementos con amianto. As actuacións están dirixidas á mellora ou rehabilitación (do edificio ou de vivenda dentro do mesmo), sobre todo o referente á cuberta ou fachada, e en calquera caso, deberán conseguir unha redución do consumo d enerxía primaria non renovable do 30% e ademais unha redución da demanda enerxética anual global da calefacción e refrixeración da vivenda ou edificio do 25% ou 35%.
Destacar que no caso de persoas en situación de vulnerabilidade económica a axuda pode acadar o 100%.

¿E ti, es de Tweet?