sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasLouriña"A alcaldesa do Porriño vai no camiño de converterse nun Jácome"

«A alcaldesa do Porriño vai no camiño de converterse nun Jácome»

«As actuacións de Eva García de la Torre non se afastan moito do que fai Jácome en Ourense», segundo di a voceira de Eu Son.

Deste xeito, a voceira do grupo da oposición Eu Son, Patricia Sio, asegura que O Porriño encamíñase a ser «un pequeno Ourense» en canto aos episodios de «espectáculo» que se producen nas sesións plenarias e en referencia ao polémico alcalde Gonzalo Pérez Jácome. O grupo non asistiu á sesión de hoxe, na que se retomará o pleno de marzo logo de que a alcaldesa, Eva García de la Torre, suspendérao por un enfrontamento coa oposición e no que amenazou a Sio coa intervención policial se non retiraba que a rexedora era unha mentirosa.

Pola súa banda, Sio di que mantén «o adxectivo de mentirosa e iso é o mínimo que se pode dicir». Neste sentido, asegura que de seguir con Eva García de la Torre no concello haberá unha segunda versión do polémico alcalde Gonzalo Pérez Jácome. Explica, de igual xeito, que as sentenzas xudicias desfavorables, as irregularidades administrativas constatadas «xa son tan graves que non pode seguir un día máis como alcaldesa» posto que, «ademais de non ter principios, esta señora non está en condicións de representarnos, está fóra de control», insiste.

O líder do Partido Popular no Porriño, Alejandro Lorenzo, asegura que non irán » a un novo espectáculo da alcaldesa, Eva García de la Torre, porque tal e como convocou a reanudación do pleno de marzo, pode constituir un motivo de nulidade nos acordos». Lorenzo explica que «non é posible suspender a sesión e continuala ao día seguinte ou seguinte pois con iso infrínxese o principio de unidade de acto e constitúese unha ilegalidade, entendemos pois que o que procede  é convocar  unha nova sesión, con carácter extraordinario».

De la Torre amenazou con facer uso da intervención policial para botar da sesión plenaria de marzo á voceira de EU Son, Patricia Sio, logo dunha discusión entre a rexedora e a oposición. A última frase que se escoita  é «a gravación está parada». Foi o xefe de prensa o que avisou á Corporación de que se deixara de emitir o pleno, segundo asegura Sio. Para oposición, trátse unha estratexia para agochar a De la Torre «fóra de control».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES