viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA nova serie de ficción de Amazon Prime grávase en Tui

A nova serie de ficción de Amazon Prime grávase en Tui

Tui acolleu hoxe a gravación da serie “Un asunto privado”, a primeira ficción nacional de Bambú Producciones para Amazon Prime Video.

Unha serie de 8 capítulos que se estreará en 240 países, polo que é un gran escaparate para dar a coñecer a cidade de Tui.

A rodaxe centrouse hoxe no Paseo da Corredoira, onde tiveron que pechar os locais de hostalaría para poder ambientar a serie na Galicia dos anos 40, que é o período no que transcorre. Os focos, as cámaras e o atrezo de época non pasou desapercibido e foron moitos os tudenses que seguiron a gravación a pe de rúa. Foi así como puideron ver a actriz protagonista, Aura Garrido, e ao veterano actor Tito Valverde.

Outros actores e actrices coñecidos que participan neste thriller son o francés Jean Reno, que é o coprotagonista; Álex García, Gorka Otxoa, Andrés Velencoso ou a recentemente premiada co Goya de Honra, Ángela Molina. Artistas de actualidade, pois hai que recordar que Bambú é a produtora de afamadas series como “Las chicas del cable”, “Fariña” o “Velvet”.

A gravación continuará hoxe pola tarde e tamén na xornada de mañá, onde se rodará no interior do antigo palacio de xustiza de Tui e no Seminario Menor, dous edificios históricos que nada desentoan na Galicia dos anos 40.

Ademais de Tui, “Un asunto privado” tamén estará ambientada en outros puntos do Baixo Miño, coma Oia ou Tomiño, e en Vigo.

Aínda non hai data para a súa estrea, pero sabemos que o resultado final contará a historia dunha muller da alta sociedade disposta a atrapar a un asasino en serie de prostitutas coa axuda do seu mordomo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES