jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves, libre de COVID-19 e baixa a incidencia en Soutomaior

As Neves, libre de COVID-19 e baixa a incidencia en Soutomaior

Mos sitúase na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 positivos por 100.000 habitantes en 7 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza das Neves tanto a 7 como a 14 días. A incidencia baixa en Soutomaior con menos de 125 positivos por 100.000 habitantes nunha semana e Mos sitúase na segunda máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 por 100.000.

As Neves únese aos concellos da Cañiza, Covelo, Fornelos de Montes, A Guarda, Oia, Mondariz-Balneario e Crecente como municipios libres de COVID-19 e en Baiona o virus deixou de circular durante unha semana mais mantén casos activos coa perspectiva de 14 días, ao igual que Arbo, O Rosal e Mondariz.

A incidencia baixa, pola súa banda, en Soutomaior ao rexistrar menos de 125 casos por 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 contaxios. Amáis, Mos, que vén de saír do nivel máximo de restricións, sitúase na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 25 positivos por 100.000 habitanes en 7 días.

Tomiño, Vigo, Redondela, Pazos de Borbén e Gondomar manteñen a súa situación epidemiolóxica ao rexistrar entre 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana . Salceda de Caselas tamén continúa cos mesmos datos con respecto a onte pois ten menos de 25 por 100.000. Deles, só supera o abano dos 1-9 contaxios a cidade olívica con 78, é dicir, tres máis que onte.

Ponteareas, Nigrán e O Porriño sitúanse na incidencia máis baixa con menos de 10 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana sen superar, ningún deles, o abano dos 1-9 casos e en Salvaterra de Miño son enre 10 e 25 positivos por 100.000 habitantes en 7 días.

Falece unha muller de 71 anos con COVID-19 no CHUVI

O SERGAS notifica o falecemento dunha muller de 71 anos, que presentaba pataoloxías previas, con COVID-19 o 8 de xuño. Son 438 as persoas que perderon a vida co virus na Área Sanitaria de Vigo. Son 416 casos activos, 25 menos que onte e a presión hospitalaria mantense en catro pacientes en camas convencionais e outras catro nas UCI. 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES