A saída será dende a cidade portuguesa.

 

Tui e Valença volverán a celebrar este xoves 5 de xaneiro a súa Cabalgata Internacional da Eurocidade. Trátase do único caso de cabalgata internacional entre España e Portugal e este ano celebrará a súa 12ª edición con 3 quilómetros
e medio de percorrido.

Deste xeito, os Reis Magos de Oriente visitarán as rúas de ambos municipios, con saída dende a cidade portuguesa e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui preto das 19h para recibir aos máis pequenos que queiran pedir os últimos desexos.

Tui e Valença preparan así a noite máis máxica do ano, esa na que os nenos e nenas son absolutos protagonistas cun desfile de carrozas nas que desfilarán Melchor, Gaspar e Baltasar xuntos aos seus paxes reais. Os tres Reis Magos
chegarán ás 16h da tarde en tren á Estación de Valença e, preto das 17.30h terá lugar a saída da comitiva real polas rúas valencianas. Alí percorrerán a Avenida do Colégio Português, a Avenida Miguel Dantas, a rotonda da Trapicheira e Avenida de Espanha antes de cruzar a Ponte Internacional sobre o río Miño.

Unha vez chegados a Tui, os Reis Magos continuarán o percorrido pola Avenida de Portugal, a Rúa Martínez Padín, a Rúa Augusto González Besada e chegarán a destino final, o Paseo da Corredoira e a carpa alí instalada onde recibirán a nenos e nenas dende ás 19h até as 21h da noite para recibir os derradeiros encargos de agasallos.

Os Reis Magos completarán a súa axenda na nosa Eurocidade coa visita ás residencias de maiores Paz e Ben, Amoralia e San Telmo na mañá do 4 de xaneiro en Tui, e Casa Santa Misericordia, Cruz Vermelha e Centro de Día esa
mesma tarde en Valença.

¿E ti, es de Tweet?