O ente quere unha xuntanza co Ministro da Administración Interna para clarificar a situación da fronteira.

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho decidiu na reunión do seu Consello Coordinador solicitar, con carácter de urxencia, unha audiencia co ministro da Administración Interna de Portugal, co fin de clarificar as esixencias para cruzar a fronteira cara o país veciño por vía terrestre e sensibilizar o Goberno Portugués sobre o impacto económico e sociocultural que as medidas restritivas carrexan para o cotián transfronteirizo.

Segundo subliñaron os dirixentes do AECT, e na voz do vicedirector Uxío Benítez, “máis que nunca é  imperioso aplicar, con carácter urxente e efectivo”, o acordo  plasmado na última Cimeira Luso-Española, o novo Estatuto do traballador transfronteirizo, así como a  posta en marcha dunha Tarxeta de Cidadanía Transfronteiriza, que poida ser a base do desenvolvemento dun programa-piloto que promova a  simplificación da vida das persoas da raia para que no futuro, se houbese necesidade de volver fechar as fronteiras, estas persoas non volvan a ser afectadas.

No comunicado oficial, o AECT manifesta a súa profunda preocupación perante os novos  condicionantes impostos polo Goberno de Portugal nas fronteiras terrestres a partir deste mércores 1 de decembro como medida de contención da pandemia  Covid-19.

Uxío Benítez subliña que as restricións lusas serán cambiantes en función da gravidade da pandemia a pesares de que agora só se esixe o certificado COVID e solicita que se exceptúe do test á cidadanía miñota. Podes escoitar a entrevista completa aquí:

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron