jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsA Raia"Necesitaremos a categoria de cidadán raiano"

«Necesitaremos a categoria de cidadán raiano»

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, destaca o compromiso dos gobernos portugués e español coa alta velocidade Lisboa-Oporto e OPorto-Vigo-A Coruña «como a maior achega que a Eurorrexión conseguir nos últimos anos»

O titular da Xunta traspasa a presidencia da Comunidade de Traballo de Galicia e o Norte de Portugal tras un balance «futífero e mirando cara á unha Eurorrexión máis global, máis verde e mellor conectada». Toma o mando o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, António M. Cunha. O acto tivo lugar no concello de Salvaterra de Miño.

Feijóo reinvidicou tamén a cidadanís raiana e aseverou que non pode volver a ocurrir outra vez «o de taponar a fronteira» como ocorreu durante os meses máis duros da pandemia da COVID-19.

No eido das infraestruturas, o responsable do Goberno galego aseverou que a Eurorrexión ten que seguir traballando para abrir a porta a que o nor-leste transmontano poida desfrutar do AVE mediante unha autovía ata a estación da Gudiña; así como para mellorar as estradas entre Celanova e a fronteira para reforzar a comunicación con Braga.

Cunha, pola súa banda, reinvidicou a singularidade da fronteira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES