Galicia continúa perimetralmente pechada "a todos os efectos", segundo apuntan dende a Xunta de Galicia. O goberno autonómico pide controis na fronteira.

Dende o 1 de maio, están abertas as fronteiras terrestres entre Portugal e España logo de tres meses pechadas. Confirmouno o primeiro ministro, Antonio Costa, o 29 de abril, como unha das novas medidas da desescalada do país veciño.

Isto implica que os pasos transfronteirizos están abertos as 24 horas do día, o que supón un alivio para os traballadores e ás traballadoras da raia que, ata agora, só dispoñían do de Tui.

A confusión saltou esta fin de semana sobre se é posible viaxar ata Portugal, a través dos pasos, sen causa xustificada. Dende a AECT, entenderon que si estaba permitido ao ser competencia dos Estados, o Ministerio do Interior anunciou que non habería controis e a Xunta de Galicia criticou que o goberno autonómico se enterara polos medios de comunicación da decisión de levantar o peche das fronteiras.

Así todo, a Xunta confirma aos informativos de Si Radio que malia que Portugal decidira abrir as fronteiras terrestres, "Galicia segue perimetralmente pechada a todos os efectos, polo que non se pode entrar nin saír da comunidade agás por causas xustificadas". Explican, amáis, que "esta decisión adoptada pola Xunta como autoridade competente delegada foi comunicada no seu día aos Ministerio de Interior e de Exterior e entendemos que continúa vixente".

Neste sento, o goberno autonómico reclama ao executivo central que "exerza na fronteira labores de control que lle competen para vixiar que se cumpra coas restricións". Insisten dende a Xunta en "demandar unha cooperación que, lamentablemente, non sempre demostrou".

Así o confirmou tamén este luns o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda:

Fin de semana de veciños e veciñas en Portugal

Durante esta primeira fin de semana no que as fronteiras terrestres entre Portugal e España permanecen abertas, prevaleceron as imaxes de veciños e veciñas dos municipios da raia acudindo ao país veciño. Nos pasos non houbo ningún control no que se esixira un xustificante laboral ou sanitario.

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral