A conexión de alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa, prioridade para Galicia e Portugal

É unha prioridade a conexión de alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa para o goberno luso e o goberno galego. Coinciden así ambas administracións logo da xuntanza en Melgaço

Así o dixo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao termo da xuntanza que mantivo coa ministra de Coesâo Territorial de Portugal, Ana Abrunhosa, sobre as infraestrutuas estratéxicas de comunicación transfronteiriza, xunto con outros representantes. Vázquez reclama ao goberno de Sánchez unha planificación concreta de investimentos. 

Pola súa banda, a ministra de Portugal, Ana Abrunhosa falou sobre a problemática do peche dos pasos transfronteirizos da raia e explica que ambos os países están traballando no estatuto dos traballadores que viven e traballan nos dous lados da raia. Insiste a ministra en que a decisión de pechar os pasos foi en común acordo entre España e Portugal. Con todo, di que "ten que estar abertas máis pontes e ollar o territorrio doutro xeito" e "que só esté aberto un paso débese a difícil cordinación na vixilancia"

O goberno galego quixo destacar tamén o impulso conxunto de actuacións para apuntalar a Eurorrexión, como a renovación da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao, cun investimento de 1,5 M€. A conselleira avanzou que, para a semana que vén,  a Xunta terá unha reunión co goberno de España para concretar, entre outros asuntos,  a alta velocidade con Portugal 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron