Xoves, Abril 9, 2026
HomeNewsActualidadeO Porriño acolle esta fin de semana a XXXVII Feira Apícola con...

O Porriño acolle esta fin de semana a XXXVII Feira Apícola con programación para toda a familia

O sector apícola volve ter a súa sede no Porriño, nunha das citas máis lonxevas e senlleiras nesta materia: a Feira Apícola. A mostra, que chega este ano á súa trixésima oitava edición, celebrarase os días 17 e 18 de abril cun programa que abrangue dende a investigación científica ata a música en directo.

“Se hai mel hai futuro”, aseguraba o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo durante a presentación, facendo unha comparativa en como segue crecendo esta feria case ao mesmo ritmo que crece a natalidade no municipio. Destacaba ademáis as actividades para grandes e para pequenos, con citas culinarias, pero tamén “o peso importantísimo da investigación e da búsqueda de solución aos problemas que ameazan a nosa mel, durante as xornadas internacionais de apicultura”.

Xunto a él, a Presidenta da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, Esther Ordoñez, que destacou que levan “38 anos apostando polo Porriño porque eles tamén apostan por nós”, e o Presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo, que engadiu que aínda que a feira naceu para vender este producto, agora véndese só, con premios internacionais alí onde se presenta”.

As actividades comezarán xa o venres 17, con programación en horario matinal para os escolares do municipio. Ademais, tamén o venres, e para toda a familia, comenza a ruta de tapas, con diferentes locais participantes ofrecendo distintos petiscos. Unha ruta que se extenderá ata o sábado, xunto ao resto de programación que abarcarán as xornadas do sábado e do domingo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS