A vila de Arbo, cuna histórica da lamprea, ultima os detalles para festexar a súa emblemática Festa da Lamprea os días 24, 25 e 26 de abril. A programación promete ser “variada e para todos os públicos” ademais de “encher as rúas do municipio de alegría, cultura e sabor”.
Gala da Lamprea
Con todo, a celebración comezará o domingo 19 de abril coa Gala da Lamprea no Centro Multiusos, e que contará coa actuación de Uxía Senlle. Así, con este preludio musical dará paso á fin de semana grande, que se inaugurará oficialmente o venres 24 coa apertura de ARBOMOSTRA 2026.
Lamprea Musical
A música será o fío conductor das xornadas. Así, seis orquestas; Cinema, Panorama City, Panamá, Miramar, Marbella e Olympus, serán as encargadas de amenizar as verbenas nocturnas na Praza Consistorio e na rúa Luís Cubelas. A maiores, tamén actuará a Discoteca Móvil MVP con DJ Charlie.
Por outro lado, a identidade de Arbo estará presente gracias a agrupacións locais como a Banda de Música de Arbo e á A.C. Barca de Loimil. Estas asociacións, xunto a grupos como Mel de Meiga, A Xaiba, Somoza Trio, O Son das Tabernas e Sorcha, completan un programa que combina tradición e modernidade. Tamén formarán parte das festas as charangas Imperiais, Noroeste e Nova Jomada.
Gastronomía
No relativo á parte gastronómica, o sábado 25 terá lugar o tradicional Xantar da Lamprea, un dos momentos clave da festividade. Ademais, durante toda a fin de semana, os asistentes poderán degustar a lamprea preparada de diversas formas na carpa de ARBOMOSTRA, situada na Praza do Marcado.

