Mércores, Abril 8, 2026
HomeNewsActualidadeO Trail Orixes regresa a Mondariz no mes de maio e trae...

O Trail Orixes regresa a Mondariz no mes de maio e trae novidades

A Asociación Deportiva Mondariz vén de anunciar unha nova edición do Trail Orixes de Mondariz, que chega este ano á súa octava edición, e que se celebrará o vindeiro 2 de maio.

A proba conta cun total de cinco carreiras, en diferentes modalidades, e unha andaina. Así, as categorías serán Ultra, cun total de 63km; Maratón, de 42km; Trail, de 28km; Minitrail, de 14 km e Promo Trail, de 9km, que será a novidade desta edición. Ademais, o evento tamén contará coa andaina cun percorrido de 11km.

As inscricións xa están abertas para todas as categorías ata o vindeiro domingo 19 de abril ás 23:59 horas e poden realizarse na páxina web https://www.empa-t.com/inscripciones/. Polo momento, o evento conta con máis de 700 participantes anotados e algunha modalidade, como o minitrail, xa agotou as prazas. Dende a organización, agardan que o número de participantes neste 2026 supere o millar.

Ademais, para velar pola seguridade das persoas inscritas e ofrecer unha atención óptima, haberá máis de 200 voluntarios traballando durante o evento.

Dende o Concello de Mondariz animan “a todas as persoas amantes do deporte a participar nesta cita tan especial e importante, adaptada a diferentes condicións, e que transcorre por espazos fermosos do municipio”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS