Luns, Abril 6, 2026
HomeNewsActualidadeXornada sobre Intelixencia Artificial aplicada ao comercio local no Porriño

Xornada sobre Intelixencia Artificial aplicada ao comercio local no Porriño

A UNED do Porriño ofrece ao comercio de proximidad unha sesión dedicada á implementación práctica da Intelixencia Artificial (IA) nos negocios locais.

A xornada terá lugar o mércores 10 de xuño, en horario de 20:30 a 22:30 horas, para facilitar a asistencia das persoas comerciantes. A sesión está deseñada especificamente para autónomos e persoal asalariado que desexen modernizar a súa estratexia de venda sen perder a esencia do trato directo co cliente.

A formación correrá a cargo de Iria Álvarez, consultora estratéxica e experta en
crecemento dixital, quen amosará como a IA pode ser a mellor aliada do “tenda de toda
a vida”. Entre os obxectivos principais do curso destacan:

  • Marketing sen complicacións: Uso de ferramentas para crear automaticamente publicacións en redes sociais e descricións de produtos atractivas.
  • SEO Local: Estratexias para que os comercios do Porriño aparezan nos primeiros postos de busca cando un veciño busque un produto próximo.
  • Fidelización intelixente: Analizar o comportamento dos clientes para ofrecer promocións personalizadas e garantir que volvan ao establecemento.

Así, entendendo as dificultades de conciliación e os horarios do sector, a UNED ofrece tres
modalidades de asistencia,
todas elas gratuitas: Presencial, na sede da UNED Porriño; Online en directo, a través de Teams; e en diferido.

As persoas interesadas en asistir deberán formalizar a súa matrícula a través da plataformad a UNED. É imprescindible rexistrar correctamente os datos persoais (NIF e nome completo) para obter o certificado de aproveitamento, que require a asistencia ou visionado do 85% das horas lectivas.

Segundo afirma o Concello do Porriño “o obxectivo da iniciativa é dotar ao tecido comercial porriñés das habilidades necesarias para competir nun mercado cada vez máis dixitalizado, transformando a tecnoloxía nunha oportunidade de crecemento para a economía local”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS