Luns, Abril 6, 2026
HomeNewsActualidadeAdxudicado por máis de 600.000 euros a obra do novo sanemanto de...

Adxudicado por máis de 600.000 euros a obra do novo sanemanto de Budiño

A Xunta de Galicia adxudica por máis de 600.000 euros a obra do novo saneamento da parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas e que servirá, principalmente, para mellorar o servizo de recollida de augas residuais aos veciños do núcleo de Cerquido e outras áreas do municipio.

A actuación, enmarcado no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Salceda de Caselas, suporá a construción de tres tramos de colectores e pozos de formigón de preto de 1,13 quilómetros en total. O obxectivo é recoller as augas residuais de preto dun cento de veciños dese núcleo da parroquia de Santo Estevo de Budiño.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do organismo hidráulico, aportará o 80% do orzamento necesario e a Administración local, o 20% restante. Cómpre indicar que este proxecto será financiado ao abeiro do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader), no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Esta obra enmárcase no convenio de colaboración asinado a finais de maio de 2025 entre Xunta e Concello de Salceda de Caselas.

En concreto, a obra, que ten un prazo de execución de seis meses, divídese en tres treitos conectados en tres puntos separados da infraestrutura existente. O primeiro tramo, de máis de 818 metros, afecta á zona norte de saneamento do Cerquido; un segundo, de máis de 112 metros e que discorre baixo a antiga N-550, e un terceiro tramo, de case 196 m, ámbolos dous correspondentes á zona sur do parque empresarial de Salceda.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS