Venres, Marzo 27, 2026
HomeNewsActualidadeMáis de 80 expositores participarán na V Mostra de Educación e Formación...

Máis de 80 expositores participarán na V Mostra de Educación e Formación de Mos

O Concello de Mos consolida a súa Mostra de Educación e Formación, FormaMos, que chegará neste 2026 á súa quinta edición os días 9 e 10 de abril. O encontro terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro e nel participarán máis de 80 expositores e preto de 3.000 visitantes.

En concreto, a Mostra albergará expositores de universidades, centros de formación profesional, forzas e corpos de seguridade, escolas de idiomas e asociacións especializadas, entre outras.

Un dos eixos centrais da edición será a educación emocional nos procesos de aprendizaxe. A razón disto, está prevista a participación de Rafa Guerrero, recoñecido experto en psicoloxía educativa. A súa ponencia terá lugar o xoves 9 de abril e nela achegará unha visión especializada sobre a xestión emocional, o apego e as dificultades na aprendizaxe.

Por outra banda, este ano a Mostra incorpora á Cámara de Comercio, que permitirá achegar as persoas asistentes unha visión máis directa das demandas do tecido empresarial e as oportunidades profesionais.

De igual forma, esta nova edición estenderase á fin de semana incorporando unha xornada de ocio dixital, que se celebrará o sábado 11 de abril, de 12 a 20 horas, no Pavillón Óscar Pereiro. Está dirixida a un público familiar a partir dos 8 anos e inclúe actividades de realidade virtual, xogos de mesa, área arcade e espazos gaming con consolas de última xeración. O obxectivo é explorar e coñecer o potencial educativo das novas tecnoloxías.

A Mostra conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, e coa colaboración de Colegio Lar e Fungatta.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS