Venres, Marzo 27, 2026
HomeNewsActualidadeAberto prazo de adhesión para establecementos do Bono Activa Comercio

Aberto prazo de adhesión para establecementos do Bono Activa Comercio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que abre a partir deste 27 de marzo o prazo de adhesión dos establecementos comerciais para a iniciativa dos Bonos activa comercio.

Ao igual que na edición anterior, aqueles comercios que se sumen dende hoxe á campaña, non terán que volver a facelo para todas as vindeiras edicións deste ano 2026.

Tras o éxito acadado nas anteriores convocatorias, a Xunta impulsará de novo este ano os Bonos activa comercio, de xeito coordinado co sector e cun crédito inicial de 2,5 millóns de euros. O obxectivo, segundo aseguran dende o goberno galego, “é seguir incentivando a demanda comercial e axudando economicamente ás persoas consumidoras, ao tempo que se fomentan as compras nos establecementos comerciais retallistas participantes”.

A apertura do prazo de adhesión dos negocios é o paso previo antes da súa activación á cidadanía, cuxos prazos se establecerán nas correspondentes ordes de cada unha das edicións do programa. Como vén sendo habitual, os bonos estarán dispoñibles en formato dixital na web www.bonosactivacomercio.gal.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS