Mércores, Marzo 18, 2026
HomeO PaísA CoruñaA Xunta anuncia un fondo para captar novas rutas nos aeroportos galegos

A Xunta anuncia un fondo para captar novas rutas nos aeroportos galegos

A Xunta de Galicia impulsará a creación dun fondo económico de promoción turística destinado a captar novas rutas nos tres aeroportos galegos, en colaboración con Aena, os concellos e as deputación. Dende o goberno galego, convidaron ás diferentes administracións a “realizar achegas económicos a este montante, que se repartirá por igual entre os tres aeródromos”.

Así o anunciou o conselleiro da Presidencia, Diego Calvo, tras a segunda reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria, que acolleu o Rosalía de Castro de Santiago.

Tendo en conta un informe de viabilidade de rutas elaborado por Aena, a Xunta comprometeuse a crear un fondo de patrocinios turísticos destinado a captar novas rutas para os tres aeródromos. Repartiríase a partes iguais coa idea base de lograr, polo menos, dúas novas ligazóns por terminal, aínda que non se fixaron polo momento destinos ou límites.

Polo de agora non se coñece a cantidade que tería o fondo, xa que a Xunta de Galicia convidou ás deputacións e aos concellos a facer propostas e achegar diñeiro nel. A cuestión será abordada na proxima reunión, previsiblemente fixada nunhas semanas.

Con todo, este fondo non terá como obxectivo pagar directamente ás aeroliñas, se non fomentar a súa implantación a través da “promoción turística en destino de Galicia e das cidades galegas”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS