O porto pesqueiro de Baiona, situado en pleno centro da vila, foi habilitado por Portos de Galicia hai varios anos. A pesar da relativamente recente instalación, os usuarios e usuarias que empregan a diario a instalación botan algo en falta: ter acceso a auga doce.
As instalacións carecen deste servizo, o que implica que cada usuario deben lavar os barcos con auga salgada ou baixar auga das súas casas en caldeiros.
A obra chegou a estar licitada e presupostada en 2023, pero nunca foi realizada. Ao tempo, os e as usuarias aseguran que a seguinte batalla será conseguir algún punto de luz e electricidade.

