Venres, Marzo 13, 2026
HomeNewsActualidadeA Festa da Ostra de Arcade amplía a súa programación a tres...

A Festa da Ostra de Arcade amplía a súa programación a tres días

Arcade prepárase para a celebración da súa cita gastronómica por excelencia, a Festa da Ostra, que este ano cumprirá a súa 38 edición os días 3, 4 e 5 de abril. A festa, declarada de Interese Turístico Galego, ampliará a súa programación a tres días nesta edición ao coincidir cos festivos de Semana Santa.

Prezos

Os prezos dos produtos vendidos na feira manteranse un ano máis, resultando a 10 euros a docena de ostras ao natural e 12 euros a botella de calquera dos tres viños albariños de Soutomaior.

Os asistentes, tamén poderán probar distintas especialidades con base de otras coa experiencia “Os trés“. Este ano, os protagonistas serán: un crocante de gambas con tartar de ostra, ostra en escabeche tradicional e ostra marinada en teriyaki sobre crema de agacate e caviar de arenque.

Programación

As casetas de degustación abrirán o venres 3 ao mediodía, e a xornada contará coa actuación de Chispas do Lérez e unha verbena nocturna a cargo das orquestas Olympus e Finisterre.

O sábado 4, as casetas abrirán durante toda a xornada e a festa estará amenizada polas orquestas Los Satélites e La Misión.

O domingo 5, día grande da festividade, a xornada comezará coa actuación matianl da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade.

Posteriormente, procederase á lectura do pregón, que esta edición correrá a cargo de María Codesido. María é unha moza de Arcade con displasia esquelética que gañou unha beca para estudar en Noruega o bacharelato internacional despois de acabar a ESO con matrícula de honra.

Tras o pregón, a animación musical continuará a cargo de Fernando Sánchez Jazz Quartet e Louoband.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS