Xoves, Marzo 12, 2026
HomeNewsActualidadeO Porriño acollerá unha nova edición da súa tradicional OP10K

O Porriño acollerá unha nova edición da súa tradicional OP10K

O Porriño volverá ser o epicentro do atletismo galego coa celebración da Carreira “O Porriño 10K”, que de novo percorrerá a vila en dúas modalidades, 5K e 10K; e terá lugar o sábado 22 de marzo.

Esta cita volve facer do Templete de Antonio Palacios o punto neurálxico deste deporte, xa que alí entregaranse as medallas e os premios, este ano demais cun importe total que bate record: repartiranse 3.100 € entre os tres primeiros clasificados e tamén ao primeiro atleta masculino e feminino que logre bater o record da proba nas súas respectivas categorías. Este premio consistirá en 500 € e será un recoñecemento destacado ao logro deportivo.

Durante a presentación do evento, celebrada no propio Templete, Alejandro Lorenzo, asegurou que “O Porriño será de novo un referente no atletismo coa participación confirmada da elite do fondo e medio fondo galego”, así asegurou que está confirmada a presenza, na categoría feminina, da internacional francesa, afincada en Ponteareas, Alice Finot (R.C. Celta Atletismo), clara candidata á consecución do record. É campioa de Europa 2024 en 3.000 m obstáculos, onde bateu o record europeo, e foi cuarta na mesma proba nas Olimpíadas de París 2024; tentará acadar no Porriño o record feminino (33’18”).

Tamén está confirmada Uxía Pérez (OYSHO Running), que acadou podium xa na OP10K 2025.

Ademáis, destacaba o presidente do Club Atletismo Porriño, Miguel Novo Regueira, a presencia nun “espléndido estado de forma” do etíope, gañador da edición pasada e posuidor do actual récord, Serbessa Workneh Fikire ( Atletismo Narón) Amadeo Aba l (CD. Surco Lucena), Pablo Otero (Bikila) e Carlos Porto (Ximnastica Pontevedra), todos eles en disposición de correr os 10mil por debaixo dos 30′ e que tentarán asaltar o récord da proba (29’09”).

Ambos representantes animaron aos deportistas a anotarse canto antes porque “aínda que o prazo de inscripción está aberto ata o 16 deste mes de marzo, están moi preto de alcanzar os 1.500 dorsais que será o tope de participantes nesta cita”. Con todo, xa hai 1.300 inscritos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS