Mércores, Marzo 11, 2026
HomeNewsActualidadeLiberado un camioneiro tras envorcar na A-52 á altura de Ponteareas

Liberado un camioneiro tras envorcar na A-52 á altura de Ponteareas

Pasaban uns minutos das 7:00 horas, cando diferentes particulares contactaron co 112 Galicia indicando que un camión envorcara na mediana da A-52, concretamente no quilómetro 301, á altura de Ponteareas. A maiores, os particulares alertaban de posibles atrapados dentro do vehículo.

Dende a Sala de Operacións do 112 Galicia procedeuse a solicitar a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, dos Bombeiros do Baixo Miño e da Garda Civil de Tráfico.

Ao chegar aos lugar, o equipo de bombeiros tivo que axudar á persoa a saír do vehículo accidentado, aínda que non foi preciso excarcelala.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS