Martes, Marzo 10, 2026
HomeNewsComarcasDesarticulado no Porriño un grupo criminal especializado na suplantación de identidade en...

Desarticulado no Porriño un grupo criminal especializado na suplantación de identidade en entidades bancarias

A Garda Civil vén de deter a tres persoas como presuntas integrantes dun grupo criminal dedicado a cometer estafas e usurpacións de estado civil en entidades bancarias, actuando en todo o terriotiro nacioanl.

A operación foi saldada coa intervención de 60 Documentos Nacionais de Identidade (DNI) orixinais, máis de 6.000 euros en efectivo e diversas prendas de vestir empregadas nos ilícitos.

Os feitos remóntanse ao pasado 3 de marzo, cando dende unha sucursal bancaria de O Porriño foi alertada a Garda Civil ante a actitude sospeitosa dunha muller que solicitaba a retirada de 49.600 euros dunha conta. O persoal, detectou incongruencias entre a documentación aportada e os datos que constaban no sistema da entidade.

Tras o aviso, estableceuse un dispositivo de vixianza por parte do Equipo de Investigación da Garda Civil do Porriño, tanto na sucursal como nos arredores; onde os axentes puideron observar como dúas mulleres actuaban de forma coordinada. Mentras unha delas accedía ao banco para intentar materializar a retirada de efectivo, a outra esperaba nun establecemento cercano. Ambas foron detidas tras un cacheo preventivo, no que lles interviron varios DNIs e documentación bancaria de terceiras persoas.

As pesquisas posteriores, levadas a cabo polo Equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo, determinaron que as dúas detidas actuaban en favor dun terceiro, que foi localizado e detido o pasado 5 de marzo nun establecemento da localidade de Mos.

Este home empregaba un vehículo alugado para trasladar mulleres ata as proximidades das sucursais bancarias, “exercendo presuntamente como líder da organización”, tal e como relata a Garda Civil. Tamén prendas de roupa empregadas polas mulleres para realizar os trámites.

As investigacións permitiron vincular aos detidos cunha trintena de delitos, entre consumados e en grao de tentativa en localidades como Móstoles, Albacete, Barcelona, Benavente, A Coruña, Ourense e diversas poboacións da provincia de Pontevedra como O Porriño, Tomiño, Mos, A Guarda, O Grove, Ponteareas, Lalín, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Vilagarcía e Redondela.

En concreto, impútaselles a autoría de tres estafas consumadas que ascenden a un total de 49.000 euros sustraídos. Ademais, se lles atribúe 19 intentos de estadas.

Os detidos, con residencia habitual en Cataluña e con numerosos antecedentes por feitos de similar natureza, foron postos a disposición do Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrucción número 2 do Porriño, xunto coas dilixencias. Foi decretado o ingreso en prisión do varón e liberdade con cargos para as dúas mulleres. A Garda Civil non descarta máis detencións.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS