Luns, Marzo 9, 2026
HomeNewsActualidadeXornada de portas abertas con visita guiada para coñecer a EDAR de...

Xornada de portas abertas con visita guiada para coñecer a EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan, como é habitual, unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo domingo 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

Esta iniciativa pretende “resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade“, mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.

Así, durante toda a xornada, o horario de visitas será o seguinte:

  • 10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
  • 12:00h visita laboratorio e vídeo proceso depuración (menores 12 anos acompañados)
  • 16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)

Os horarios estarán suxeitos a posibles modificacións en función do número de participantes en cada quenda.

As persoas interesadas en participar deben enviar a súa solicitude indicando nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS