Xoves, Marzo 5, 2026
HomeActualidadeDeportesPonteareas volverá a ser fogar do Rally das Rías Baixas

Ponteareas volverá a ser fogar do Rally das Rías Baixas

A proba viguesa do Súper Campionato de España de Rallys unirá á localidade con Salceda de Caselas nun dos seus tramos

Tras varios anos fóra do seu itinerario Ponteareas volverá a disfrutar do son dos motores nesta 59 edición do Rally Rías Baíxas. Unha das principais novidades desta cita que se disputará na área de Vigo entre o 2 e 4 de xullo con motivo do Súper Capionato de España de Rallys.

A organizadora da competición, a Escudería Rías Baixas, avanzaba esta semana varias novidades e pormenores da próxima carreira. Ademais de dar de novo ese protagonismo a Vigo como escenario final e central do evento, a vila do Tea regesará como un dos lugares protagonistas, cun tramo de novo deseño que conectará esta vila con Salceda de Caselas, outra habitual dos últimos anos.

Por outra banda, o Rías Baixas confirmou tamén que o vixente campión, o asturiano José Antonio ‘Cohete’ Suárez, volverá participar na vindeira edición. Volverá a facelo con Skoda e terá como compañera de equipo á piloto balear Nuria Pons, tamén a cargo dun automóbil da firma checa. Outros nomes destacados que asistirán á proba son os do narónes Jorge Cagiao (aínda por saber se co Citroën C3 ou co seu novo Lancia Ypsilon HF Rally2) ou o madrileño Pepe López (Hyundai i20).

Ademais, a escudería confirmou tamén algunhas das copas monomarca da competición, como a Renault Clio Trophy, o Desafío Peugeot, a Peugeot RallyCup Ibérica, a Dacia Sandero Eco Cup e a Copa I20N de Rallye Hyundai. Todas englobadas dentro dunha proba que será promocionada nas vindeiras semanas no Salón do Automóbil de Vigo e a feira Motor Ocasión Vigo 2026.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS