O Concello de Salvaterra de Miño ofertará, a través da liña 3 de emprego do Plan
+Provincia 2026, da Deputación de Pontevedra, a contratación de 16 persoas para o desempeño de diferentes oficios. En total, realizará unha inversión de máis de 233.000 euros en emprego.
Os postos ofertados son: peón forestal, condutor de camión, peón de limpeza,
varredor, fontaneiro, axudante de recollida de lixo, oficial albanel, informador
turístico, bibliotecario e cobrador.
Segundo informa o Concello, o obxectivo é comezar a cubrir os diferentes postos a partir di mes de abril paulatinamente, xa que as prazas van dende os 9 meses ata os 4, dependendo do posto.
O Concello de Salvaterra de Miño destaca que “con este tipo de programas de contratación búscase xerar emprego” e por outra parte “reforzar os diferentes departamentos municipais como poden ser obras, turismo e o servizo de biblioteca”.

