Os venres de marzo chegarán cheos de sabor a Tui grazas á ruta gastronómica Tú-y D’Tapas, promovida por ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.
Un total de dezaoito locais ofertarán ao longo dos catro venres do mes marzo, en concreto os días 6, 13, 20 e 27, de 19:00 a 23:00 horas a un prezo de 2,5€ por tapa.
Establecementos participantes
- O Bartolo: Taco galego: aguacate e mexilóns en escabeche
- Pony Express: Spagheti Western
- O Pilar: Pincho de Corral
- Puro Sabor: Tosta de lacón con queixo afumado gratinado
- Entre Horas: Mordiscos do deserto (Sen glute)
- Tapería Época: A filloa peregrina
- La de Manu: Faxiña de polo con guacamole
- Xeadería La Cumbre: Gofre con chocolate cruxiente e xeado
- 4 Elementos: Pincho moruno de chistorra
- Moma: Bocatín de codillo con tetilla
- El Molino: Fideua do Mar
- Biper Bocatería: Bocatín de calamares con alioli
- La Terraza del Miño: Bocatín de zorza, compota de mazá e tetilla
- O Vello Cabalo Furado: Ovo frito con patacas e chouriziño
- Ideas Peregrinas: Sardinillo, A sardiña con piquillo
- O Novo Cabalo Furado: Filloa do Mar
- Emma Gastrobar: Mini taco de Babaganhous
- Lúa Wine Bar: Gilda de Mercado
Ademais, todas aquelas persoas que completen un total de cinco selos no folleto da ruta, participarán no sorteo de 3 vales de 100 euros para consumir nos locais participantes.

