Mércores, Febreiro 25, 2026
HomeNewsActualidadeDo Colegio Lar a Bruxelas: Unha delegación de alumnas participan na Science...

Do Colegio Lar a Bruxelas: Unha delegación de alumnas participan na Science is Wonderful!

Tras alzarse co primeiro posto do pódio no certame galego de STEMbach, celebrado na Universidade de Mos, o alumnado do Colegio Lar de Mos inicia unha perspectiva máis internacional.

Así, entre os días 18 e 20 de marzo, a delegación de alumnas investigadoras gañadoras do ano pasado viaxará a Bruxelas para participar na feira “Science is Wonderful!”, un dos eventos científicos máis prestixiosos do mundo.

A cita, que terá lugar na Maison de la Poste, busca reunir aos mellores científicos de Europa para achegar a innovación á sociedade. As alumnas do Colegio Lar, seleccionadas o pasado curso entre os dez mellores proxectos de investigación de toda Galicia, asistirán a este foro internacional onde intercambiarán experiencias con investigadores de primeiro nivel e coñecerán de primeira man as últimas vangardas tecnolóxicas.

A maiores, o alumnado poderá tamén gozar do encanto da cidade de Bruxelas así como coñecer, nunha visita guiada, o Parlamento Europeo.

O obxectivo desta viaxe é que as nosas alumnas, que xa demostraron un rigor académico sobresaliente no STEMbach, vexan que o seu futuro investigador non ten fronteiras” explican dende o Colegio Lar.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS