Mércores, Febreiro 25, 2026
HomeO PaísA CoruñaDetido en Ribadumia un presunto xihadista

Detido en Ribadumia un presunto xihadista

Axentes da Policía Nacional detiveron nas últimas horas en Ribadumia un presunto xihadista, segundo informaron fontes próximas ao caso. Trátase dun operativo que está a cargo dunha unidade de Madrid.

Mentres, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou, ao ser preguntado polo caso, que hai unha operación aberta. Ao tempo, o delegado apelou á “prudencia” e a “deixar traballar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS