O pleno do Parlamento galego vén de aprobar, sen votos en contra, e coa abstención do deputado de Democracia Ourensana, a reforma para poder bonificar a compra de material escolar que fora adquirido con diñeiro en efectivo, e non só mediante pago electrónico.
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, avanzou que o obxectivo da Xunta é “darlle continuidade nos anos sucesivos” a esta rebaixa fiscal, que se iniciou este ano tras incluíla na lei de acompañamento dos orzamentos. Do mesmo xeito, aseverou que “o pago en efectivo só estará permitido neste exercicio de maneira “excepcional”.
Pola súa banda, a oposición calificou de “chapuza” e asegurou que a Xunta cometeu “un erro” no momento de anunciar os requisitos para a bonificación.
Corgos interveu no pleno do Parlamento para xustificar a reforma da lei, xa que a primeira non incluía as compras feitas con pago con diñeiro en efectivo.
Desta maneira, a bonificación entrará en vigor antes da campaña da declaración da renda que empeza o 1 de abril e con carácter retroactivo, para que poidan acollerse as familias que realizaron compras entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2025.

