Os bombeiros do Porriño sufocaron esta madrugada un incendio nunha vivenda situada no núcleo urbano da localidade.
Segundo informan as fontes, o incendio orixinouse a causa dun deshumificador. O aparello ardeu e prendeu na roupa que había no baño e que estaba secando.
As chamas afectaron a parte superior da vivenda. As persoas que habitaban detectaron o incendio a tempo, gracias ao ruidoque o estoupido xerou. Os inquilinos, pecharon a porta do habitáculo afectado ata a chegada dos bombeiros.
“Fixeron o correcto nestes casos, que é pechar o cuarto en que se estaba producindo o incendio e evacuar a vivenda“, explica Roberto Domínguez, xefe da dotación do Consorcio provincial de Pontevedra, quen confirma que o deshumidificador está na orixe do lume.
Grazas á rapida actuación dos servizos de emerxencia, non houbo que lamentar danos persoais.

