Luns, Febreiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeA gripe aviar en Galicia deixa sen exhibición de cetrería a Arribada

A gripe aviar en Galicia deixa sen exhibición de cetrería a Arribada

O Concello de Baiona vén de comunicar que, debido á situación sanitaria derivada da gripe avisar, a Xunta de Galicia informou desfavorablemente a autorización da exhibición da cetrería e exposición de aves rapaces na Festa da Arribada deste ano.

A decisión, segundo aseguran, “responde a criterios estrictamente sanitarios e de protección da saúde pública e animal, segundo as recomendacións das autoridades competentes en materia de sanidade animal”.

No mesmo sentido informan que “a presenza e concentración de aves en eventos multitudinarios pode supor un risco potencial de propagación, polo que se optou por aplicar o principio de precaución”.

Dende a organización agradecen “a comprensión de profesionais da cetrería, participantes e público en xeral”, reiterando o seu compromiso coa protección.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS