O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible continúa a execución dos traballos de adecuación dos sete tuneis da AP-9, concretamente dos de Montecelo, Campolongo, Pedra do Couto e Sartego, na Coruña; e os de A Madroa, Candeán e Teis, en Pontevedra.
Deste xeito, esta fin de semana procederase á excavación das galerías de interconexión para saídas de emerxencia no túneo de Candeán, pospostas a causa da mala climatoloxía. En concreto, trátase do treito entre os quilómetros 154 y 155 de la AP-9, en Vigo, o que requirirá o corte dun dos tubos do túnel para garantir a seguridade de traballadores e usuarios durante a realización dos traballos.
Así, dende as 6:00 horas do sábado 21 de febreiro ata as 22:00 horas do domingo 22, producirase o peche do tubo do túnel que da servizo á calzada en sentido Portugal. Para garantir a fluidez do tráfixo, manterase operativo un carril por sentido no rubo que da servizo á calzada en sentido A Coruña.
As obras contan cun presuposto total de 32,3 millóns de euros con cargo aos fondos no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR).

