A conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, vén de anunciar que a Xunta arquivará o proxecto de Altri tras a decisión do Goberno de excluílo da rede eléctrica.
Lorenzana explicou aos medios que o fará porque, pasado o prazo de tres meses que fixa a lei, a empresa non cumpriu cos requisitos técnicos que precisaba para poñer en marcha a planta no concello de Palas de Rei.
Concretamente, a conselleira asegurou que o principal requisito técnico incumprido é a conexión eléctrica que depende do Goberno central e da propia empresa. “O arquivo e caducidade vai vinculada á falta de conexión; se non hai conexión coa subestación o proxecto queda arquivado”, informou Lorenzana.
Do mesmo xeito, a representante de Economía e Industria considera que o proxecto se poderá retomar nun futuro, aínda que o “ve dificil”.

