Venres, Febreiro 20, 2026
HomeActualidadeDeportesIago Aspas, o goleador máis lonxevo da historia do Celta

Iago Aspas, o goleador máis lonxevo da historia do Celta

O moañés superou co seu gol fronte ao PAOK un récord que posuía Juan Vázquez desde 1951

Iago Aspas agrandou de novo a súa lenda coma xogador do Celta. Tras anotar o tanto que abría o marcador e iniciaba o camiño cara a victoria do Celta fronte ao PAOK (1-2) na UEFA Europa League convertiuse no anotador máis veterano da historia dos celestes.

O récord levaba 75 anos intacto despois de que Juan Vázquez anotase, un 14 de xaneiro de 1951, un gol nun derbi fronte ao Deportivo en Balaídos con 38 anos e seis meses de idade. O moañés sumou dezaoito días máis na noite de onte en Grecia a unha marca que posiblemente volva a ser superada por el mesmo no que resta de tempada.

Ademais, nesta presente campaña Aspas aspira a arrebatarlle ao propio Juan Vázquez outro dos seus grandes fitos como futbolista histórico do Celta: o xogador de máis veterano en disputar un partido oficial coa camisola celeste (38 anos, 9 meses e 8 días). Dentro de tres meses, en maio, Iago Aspas alcanzará esa mesma idade polo que, salvo lesión ou outras incidencias do fútbol, esta tempada acabará converténdose tamén no máis lonxevo da historia dos celestes en portar o seu escudo nun terreo de xogo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS