Xoves, Febreiro 19, 2026
HomeActualidadeDeportesO Balonmán Porriño prolonga o seu atordamento

O Balonmán Porriño prolonga o seu atordamento

Unha perda nos minutos finais privou ás louriñesas do trunfo fronte ao Aula Valladolid

O 2026 está a ser un ano cruel co Balonmán Porriño. Tralas saídas de Buforn e Santomé a Rumanía e a noticia da marcha do seu adestrador Isma Martínez os resultados semellan non chegar. Resístense a caer de cara. Na noite de onte, no seu enfrontamento ligueiro fronte ao Aula Valladolid, volveu a suceder.

Con todo, os primeiros períodos do partido aventuraban un destino mellor. Un inicio fantástico no defensivo e cun ataque que carburaba a través dos matices tácticos de Isma Martínez. Abriron a disputa cun poderoso parcial que puido ser maior (11-7) mais o acerto da porteira rival e a falta de acerto ofensivo das locais no segundo tempo acabaría por equilibrar o resultado.

A falta de 30 segundos para o final, despois de traballar a vantaxe no marcador, un mal pase horizontal acabaría sentenciando ás louriñesas. Perda de balón e derradeira anotación do encontro para o Aula Valladolid (20-20), que atopou un botín dun punto e afonda na ferida e infortunio das galegas nos últimos meses.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS