Venres, Febreiro 13, 2026
HomeNewsActualidadeAs análises de ADN descartan ao sospeitoso polo crime de Judith no...

As análises de ADN descartan ao sospeitoso polo crime de Judith no Porriño

O único detido e investigado polo asasinato de Judith M.G, Casimito F, queda afastado das sospeitas tras as probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da súa investigación.

Tras a realización das probas, a xuíza da sección civil e de instrución, praza 3, do Tribunal de Instancia do Porriño acordou o sobresemento provisional da causa ao non existir indicios suficientes contra o acusado. Ao tempo, ordeou identificar a outros dous homes, vinculados polos seus perfís xenéticos.

O corpo de Judith, de 37 años e veciña de Vigo, foi atopado por un transportista xunto a un contedor nunha zona de maleza do polígono industrial das Gándaras en novembro de 2023. A autopsia confirmou que faleceu de forma violenta e por asfixia, tanto pola suxeición do pescozo coas máis como pola intrudición dun pano na boca.

Cinco meses despois do achado, foi detido Casimiro F. como presunto autor do crime, acusado principalmente a partir do estudo do posicionamento dos teléfonos móbiles. O acusado, xa se atopaba no cárcere no momento da detención debido a outras condenas por roubos con intimidación e agresión sexual a mulleres.

Nun novo auto realizado este xoves, a instrutora sinalou que os informes de Toxicoloxía aportan un novo punto, que fai virar a investigación. A análise identificou ADN do investigado nos restos de seme presentes no pano que a vítima tiña na boca pero tamén detectou outros dous perfís xenéticos masculinos no corpo da falecida, que a investigación denominou “varón A” e “varón B”, e que non están identificados.

Deste xeito, a xuíza considera que o sangue que presentaba a vítima baixo as unllas debe atribuírse ao autor da morte. Os perfís xenéticos asociados a ese sangue non coinciden co do investigado.

Ante esta situación, o xulgado acordou o sobresemento provisional da causa. A xuíza ordeou á Garda Civil iniciar actuacións para identificar a que persoas pertencen os perfís xenéticos atopados.

Unha vez obtidos os resultados, a causa podería volver a abrirse e practicar novas imputacións.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS