Xoves, Febreiro 12, 2026
HomeO PaísA CoruñaEvacuada a comisaría da Policía Nacional de Santiago a causa dun incendio

Evacuada a comisaría da Policía Nacional de Santiago a causa dun incendio

Un incendio na capital galega obrigou a evacuar durante a mañá deste xoves a comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela.

O lume iniciouse no laterial do edificio “probablemente na galería de tiro de adestramento”, tal e como relatou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Con tal feito, levantouse unha ampla columna de fume visible dende diversas zonas da cidade.

Foron os propios axentes policiais quen deron aviso da situación. Tal e como relatou Blanco “o incendio está absolutamente controlado”.

Tras percatarse do incidente, procedeuse á evacuación do inmoble, tanto do persoal funcionario como das persoas que acudira a realizar algún trámite administrativo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS