Mércores, Febreiro 11, 2026
HomeNewsActualidadeRescatado un home logo dun derrubamento nunha vivenda en Moaña

Rescatado un home logo dun derrubamento nunha vivenda en Moaña

O reloxo pasaba das 11:30 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso dun particular para informar de que se producira o derrubamento dunha casa en Xalde de Arriba, na parroquia de San Martiño do Concello de Moaña, cunha persoa atrapada no seu interior.

Ata o lugar desprazouse inmediatamente o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, da Garda Civil e da Policía Local.

O equipo de bombeiros conseguiron liberar ao home, que foi atentido polo persoal sanitaria cun golpe nunha perna. Con todo, o home atopábase nun anexo á vivenda e non na propia casa.

Os feitos debense a un desprendemento de ladeira da Autovía do Morrazo, desplomándose sobre a vivenda situada baixo a vía. Esta quedou plenamente sepultada baixo a terra.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS