Martes, Febreiro 10, 2026
HomeNewsActualidadeMos convértese no epicentro do caldo rosado coa Feira do Viño Rosado...

Mos convértese no epicentro do caldo rosado coa Feira do Viño Rosado de Galicia

O Concello de Mos acollerá a Feira do Viño Rosado de Galicia durante a celebración da súa tradicional Festa da Rosa que se conmemora cada 13 de xuño.

Así o veñen de facer público, tras unha reunión da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coa conselleira de Medio Rural, María José Gómez, nun encontro centrado no impulso á colaboración conxunta en materia de promoción do viño rosado galego dentro da Festa da Rosa.

Neste contexto, e tras unha primeira toma de contacto o pasado ano, nesta edición da
Festa da Rosa vaise celebrar, os días 13 e 14 de xuño, a Feira do Viño Rosado de
Galicia, xunto coa xa tradicional exaltación da Empanada de Millo, e que se consolidará como “un claro apoio á difusión e exaltación deste produto e como mostra das novas
posibilidades que ofrece o sector vitivinícola cos rosados, máis frescos e lixeiros, e que
se adaptan ás tendencias actuais do mercado”, aseguran dende o goberno local.

Nesta liña, a conselleira subliñou que “a festa será unha oportunidade para as adegas que elaboran este tipo de produto”, dentro da aposta da Xunta por todas aquelas iniciativas que xeren sinerxías entre diferentes sectores para impulsar a produción agroalimentaria galega de calidade.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS