O transporte ferroviario con orixe e destino Vigo quedou suspendido debido ás condicións meteorolóxicas, segundo informou este xoves o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). “Debido ao temporal de choiva e vento, suspéndese o servizo ferroviario con orixe e destino Vigo sen posibilidade de medios alternativos” escribía Adif nas súas redes socias.
🚨 ACTUALIZACIÓN SERVICIO GALICIA | Jueves 5 de febrero
— InfoRenfe (@Inforenfe) February 5, 2026
⚠️ Debido al temporal de lluvia y viento, se suspende el servicio ferroviario con origen y destino Vigo sin posibilidad de medios alternativos
🚆Trayectos afectados (Alta Velocidad, Media y Larga Distancia):
❌ Vigo…
Tal e como informou Renfe, a situación é derivada das condicións meteorolóxicas adversas, xa que existe risco de inundacións e desprendementos de terras nos traxectos suspendidos. Con tal motivo, a compañía ferroviaria habilitou os cambios e anulacións de billetes de xeito gratuíto.
En concreto, os traxectos afectados, en Alta Velocidade, Media e Longa Distancia, son: Vigo Guixar-Santiago, Vigo Urzaiz-Santiago, Vigo Guixar-Tui e Vigo Guixar-Ourense.
A compañía sinala que irá actualizando a información aos viaxeiros e facendo seguimento do temporal durante a xornada.

