O Concello de Salceda de Caselas vén de presentar o I Certame de fotografía Xank Penabella, na honra do fotógrafo salcedense. O certame foi presentado na compañía dos seus fillos, Breogán e Gael, xunto ao cruceiro de Fonte da Pedra, lugar emblemático no enfrontamento entroideiro de Castro Barreiro e A Feira.
Así, as persoas participantes no concurso, profesionais ou amateurs, poderán presentar ata un máximo de tres fotografías capturadas durante os actos do entroido salcedense deste ano 2026, tendo de prazo para facelo ata o día 28 de febreiro.
O certame pretende homenaxear á figura de Xank Penabella, persoa queria e lembrada e Salceda, vinculandoo ao tempo ao Entroido; festa especialmente relevante no traballo do fotógrafo.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, lembrou que “pasaron cinco anos dende o pasamento de Xank e era necesario este recoñecemento. Xank foi unha persoa implicada e con sensibilidade que merece todo o noso respecto e cariño e creemos que esta é unha homenaxe máis que merecida”.
O certame
Un xurado composto por catro profesionais da imaxe, o concelleiro de cultura e unha persoa representante da familia de Xank Penabella; que terá voz, pero non voto, outorgarán un premio de 1.500 euros máis diploma á fotografía gañadora, abríndose a posibilidade de outorgar dous accésits de 250€ cada un.
A maiores, posteriormente realizarase unha exposición itinerante coas imaxes presentadas ao concurso. As bases do certame están dispoñibles na web do Concello de Salceda de Caselas.

