O Sergas realizará o primeiro cribado oportunidade de VIH nos tramos de idade de maior incidencia, tanto en Atención Primaria como en hospitalaria, co dobre obxectivo de reducir anualmente a súa incidencia nun 5% e erradicalo como problema da saúde pública en 2030.
Tratátase dun dos puntos incluídos no Plan galego de infección de transmisión sexual da Xunta (Plan Sexsan) e que foi explicado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na inauguración da xornada “Retos en VIH:buscando solucións aos novos desafíos”
Tal e como informa a consellería, os datos recentes mostran unha tendencia decrecente do VIH, cunha media de 5,1 casos por cada 100.000 habitantes na comunidade.
En relación aos tratamentos, Sanidade situou en máis de 6.400 as persoas que están diagnosticadas con VIH e toman un tratamento antirretroviral. Por outra banda, outras 1.100 persoas teñen prescrito o tratamento antirretroviral de forma preventiva.

