Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsActualidadeArbo reúnese coa concellería de Vivenda para abordar actuacións en materia de...

Arbo reúnese coa concellería de Vivenda para abordar actuacións en materia de urbanismo

A conselleira de Vivenda e Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, vén de manter unha reunión de traballo co alcalde de Arbo, Horacio Gil co fin de tratar diferentes actuacións en materia de urbanismo e novas infraestruturas no municipio.

O encontro celebrouse na sede do goberno galego en San Caetano e contou tamén coa participación do director territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel González.

Durante a reunión, abordáronse as necesidades concretas do Concello de Arbo, priorizando proxectos que permitan modernizar infraestruturas existentes e desenvolver novas instalacións que beneficien directamente aos veciños e veciñas.

Pola súa parte, o goberno galego reiterou “o seu compromiso de apoio aos concellos para a execución de proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos residentes e fortalecer a competitividade económica do municipio”.

Pola súa banda, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, agradeceu a disposición da conselleira de Vivenda e da Xunta de Galicia para “atender as peticións do Concello co fin de poder avanzar en proxectos necesarios na vila”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS