Un raio impactou contra o tellado dunha vivenda unifamiliar no Concello de Tomiño, conseguindo romper unha parte do mesmo.
O suceso ocorreu en torno ás seis da madrugada, e o estrondo do impacto espertou á propietaria da vivenda. A muller asegura que escoitou o lóstrego á vez que sentiu como lle caía na cama un anaco do falso teito e cheiraba a queimado.
Xa pola mañá percatouse do sucedido. O raio caeu na antena, atravesou o tellado, tirou a cheminea e fixo varios buracos nos muros e no interior da vivenda.
Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.

