Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeNewsActualidadeUn ferido tras impactar unha árbore contra o seu coche mentres conducía...

Un ferido tras impactar unha árbore contra o seu coche mentres conducía pola A-55 no Porriño

O 112 Galicia recibiu esta mañá, en torno ás 9:40 horas, o aviso dun particular alertando da caída dunha árbore sobre unha furgoneta que circulaba polo quilómetro 22 da A-55 á altura da parroquia de Budiño, no Porriño. O vehículo circulaba en sentido Tui.

Como consecencia do impacto, o conductor precisou de asistencia sanitaria. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do Porriño e os servizos de emerxencia, que retiraron a árbore da calzada e normalizaron o tráfico.

No operativo participaron, Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil do Porriño e os servizos de mantemento da autovía.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS