Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeNewsActualidadeSalvaterra pasa a ser responsable do Servizo de Atención Temperá

Salvaterra pasa a ser responsable do Servizo de Atención Temperá

O Concello de Salvaterra de Miño vén de asinar o contrato para a prestación do Servizo de Atención Temperá nos Concellos de Arbo, Salvaterra de Miño e Crecente, onde Salvaterra pasará a ser o concello cabeceira. Os tres municipios levan compartindo este servizo dende o ano 2021, e dende entón era Arbo o municipio responsable.

O contrato ronda os 300.000 euros por unha duración de 15 meses, coa posibilidade de extender o contrato 12 meses máis.

O Servizo de Atención Temperá diríxese á poboación infantil dos 0 aos 6 anos, á súa familia e á súa contorna, e ten por obxectivo dar responta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, co fin de facilitar o seu desenvolvemento, a súa autonomía persoal e a inclusión social.

O servizo está ubicado en cada un dos concellos participantes, en instalacións debidamente acondicionadas para tal fin, correndo o mantemento do mesmo pola súa conta. Por outra banda, si comparten o equipo de profesionais que conforman o servizo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS