Galicia Suroeste xa é oficialmente Destino Starlight. Logo de meses de traballo e auditorías, a Fundación Starlight acordou conceder a distinción a Galicia Suroeste grazas aos ceos dos Concellos de Fornelos de Montes e Oia, un distintivo que destaca a calidade dos ceos e a importancia da conservación do patrimonio natural.
Este recoñecemento forma parte do programa “Os Ceos de Galicia Suroeste“, que busca promover o astroturismo no territorio, atraendo visitantes que desexan gozar da observación de estrelas nun entorno natural privilexiado. O Destino Starlight ofrece a oportunidade de experimentar a beleza do firmamento, contribuíndo á sensibilización sobre a protección do medio ambiente e a importancia da conservación dos ceos nocturnos.
Os atributos que facilitaron a certificación foron a calidade dos ceos. A escasa contaminación lumínica en Fornelos de Montes e Oia permite unha visibilidade excepcional das estrelas e constelacións: as actividades de astroturismo que se están a desenvolver iniciadas o pasado ano, onde Galicia Suroeste ofreceu un ciclo de 14 actividades para a iniciación á observación dos ceos nocturnos e que terán continuidade neste 2026 e novas actividades previstas co inicio dun novo ciclo formativo gratuíto, a través da Fundación Starlight para formar no territorio a todas aquelas persoas profesionais interesadas en acreditarse como monitoras Starlight; e o compromiso coa sostibilidade, fomentando fomenta prácticas de turismo responsable e respectuoso co medio ambiente, promovendo a conservación dos recursos naturais.
Este recoñecemento posiciona a Galicia Suroeste como un destino atractivo para amantes da astronomía e da natureza, contribuíndo ao desenvolvemento do turismo na zona e á dinamización económica das comunidades locais.

